Xa podemos anunciar que o día sábado 15 de febreiro teremos un novo encontro da rede. Desta vez será en Betanzos, na Praza do Campo (Irmáns García Naveira). Polo momento aínda non está pechado o programa, pero xa podemos ir anunciando o que está confirmado:
Programa:
10.00h Apertura da feira
11.00h Apertura da mesa de troco
12.00h Obradoiro de » Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta»
Obradoiro para crianzas
14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
Obradoiro para crianzas
18.30h Charla- Debate » Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado».
Casos concretos na Galiza:- Megaminería destructiva na costa da morte. Contraminate- Cenit do petróleo, transición e resiliencia. Véspera de nada- Lei de Augas
– Tranxénicos e soberanía alimentaria
19.00 Peche da mesa de troco
e ó longo do día:
música para acompañar a xornada, feira de produtores ecolóxicos e artesáns,
e xogos para crianzas
NOTAS:
– A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h
– Haberá carpas e en caso de temporal a xornada será no Matadoiro
( Rúa José García Acuña / Rúa Marina, Betanzos)